Friday 03 de May de 2024

O patrimonio enogastronómico do Camiño Portugués da Costa centra a segunda sesión das fotodegustación do proxecto “Saborearte”


A iniciativa inclúe cociña en directo, debate e fotografía gastronómica arredor do potencial turístico dos produtos enogastronómicos da provincia de Pontevedra

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na segunda das cinco sesións que conforman o proxecto SaborEarte. Fotodegustacións no Camiño Portugués da Costa, que se celebrou hoxe no Castelo de Soutomaior.

O encontro incluíu unha demostración de cociña en directo, a cargo do cociñeiro Miguel Mosteiro, unha degustación de pratos elaborados con produtos da zona, coma ostras e ameixas, maridados con viños D.O. Rías Baixas Soutomaior e un faladoiro entre os cociñeiros Miguel Mosteiro, Rebeca Moares e Fran Soteliño co fotógrafo Adolfo Enríquez, impulsor do proxecto, cos asistentes arredor do papel da gastronomía coma recurso de alto valor para a promoción turística de destinos turísticos e do Camiño de Santiago en xeral e do peso da fotografía na promoción turística dende o punto de vista gastronómico.

O proxecto encádrase no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia ao abeiro do que recibiu unha axuda de case 18.000 euros para o desenvolvemento da iniciativa que continuará nas vindeiras semanas con novos showcookings noutros puntos do Camiño de Santiago.